26 de febrero de 2008
IV Certame de Cociña das Filloas da Pedra - Bases do certame 2008
O Concello de A Baña, como actividade enmarcada dentro da programación a realizar na V Festa da Filloa da Pedra, convoca o IV CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA, co patrocinio da Fundación Feiraco, e coas seguintes BASES:
1º.- Cada concursante poderá presentar un máximo de dous pratos ó certame, sendo o ingrediente base a filloa da pedra. Cada preparación culinaria deberá ir acompañada da correspondente receita indicando o nome da mesma, o/a autor/a ou autores/as, ingredientes, cantidades e método de elaboración.
A valoración que outorgue o xurado basearase no arrecendo, no sabor do prato, na presentación e na orixinalidade da combinación dos ingredientes.
2º.- Os participantes neste certame inscribiranse antes das 13 horas do domingo 16 de marzo de 2008 na Axencia de Desenvolvemento Local ou no teléfono 981 886 777. As bases deste certame pódense recoller na oficina da citada axencia en horario de 9 a 14 horas.
3º.- A inscrición será de balde, e no momento de facela asinaráselle a cada participante un número identificativo que figurará xunto ó prato dende o inicio do concurso, facilitando deste xeito o anonimato. Ó remate da valoración dos pratos por parte do xurado, cada participante poderá recolle-lo material utilizado.
4º.- Dende o momento da presentación dos pratos ó certame, os dereitos sobre as receitas presentadas e as fotos que se lles fagan ós pratos pasarán a ser propiedade do Concello de A Baña.
5º.- O prazo para a presentación dos pratos ó concurso rematará ás 13 horas do domingo 16 de marzo, e o lugar para presentalos será no Pavillón Municipal, no stand do Concello de A Baña.
6º.- Recórdaselle ós participantes que deberán seguir unhas normas mínimas de hixiene alimentaria durante todo o proceso de elaboración ou transporte dos alimentos.
7º.- O Xurado estará integrado por membros de recoñecido prestixio do eido gastronómico. Se a calidade dos pratos así o suxire, poderase declarar deserto o premio do Certame ou concede-los accésists que se coiden oportunos. O Xurado terá plenos poderes para decidir sobre calquera dúbida ou incidencia que xurda durante o Certame. As decisións do Xurado son inapelables.
8º.- Outorgaranse dous premios, ó mellor sabor e á mellor presentación, que consistirán nunha fin de semana no Balneario de Mondariz e un diploma acreditativo do premio. Así mesmo, haberá unha mención especial ó prato máis orixinal, elixido por votación popular entre o público presente, en horario de 13 a 14 horas, o gañador do cal recibirá como premio unha cea nun establecemento hostaleiro da comarca. A tódolos concursantes se lles fará entrega dun agasallo en agradecemento pola súa participación. Os premios entregaranse o día 16 de marzo, ás 17 horas, no transcurso da V Festa da Filloa (Pavillón Municipal).
9º.- A presentación ó Certame implica a aceptación destas bases.
Concello de A Baña, a 14 de febreiro de 2008.
vERSIÓn PDF aquí
.
Etiquetas:
A Baña,
filloa,
filloas da pedra,
gastronomia gallega
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario