23 de mayo de 2009
Filloas recheas de cabuxa guisada ao estilo de Conxo
Kurso de Kociña da Kabra
Asociación da Festa da Cabra de Conxo
MAIO 2009
No centro Sociocultural de Conxo puidemos asistir ao curso de cociña da cabra organizado pola Asociación de Veciños de Conxo e pola Comisión Organizadora da Festa da Cabra de Conxo, festa que poderemos disfrutar en setembro.
Houbo moito interés por este curso e tivemos que esperar un mes para asistir á "2º edición" do mesmo, previo pago de 5 € (moi ben invertidos) pola inscripción. Así soubemos que a historia gastronómica do caprino na parroquia de Conxo é tradicional dende hai séculos, por iso consiguen cociñalo tan ben.
Explicouse como diferenciar a cabra, a cabuxa, que non o castrón, da ovella (non confundir gato por lebre), como deixala en oreo dous días, como adobiala antes de cociñala, e algún dos segredos para cociñala ben.
Teño que confesar que me sorprendeu gratamente o arrecendo da cabra cociñada, a súa textura branda e o seu arrecendo suave. Pero máis nos sorprendeu o feito de que fan filloas para acompañar a vianda, filloas de tixola e de filloeiro de ferro que foron o mellor acompañamento deste manxar. Noraboa e o noso agradecemento para os organizadores.
Receita da cabra estilo Conxo AQUÍ
Máis fotos e vídeos do curso AQUÍ
Adiantándonos no tempo, e se o demo non lle da unha reviravolta, a Asociación Filloas da Pedra de A Baña ten programados varios cursos de filloas da pedra e de cociña da pedra para despois do verán. Aquelas asociacións ou calquera persoa interesadas poden poñerse en contacto con nós.
Etiquetas:
cabra,
cabuxa,
cociña,
conxo,
festa da cabra,
fiesta gastronomica,
filloa,
filloeiro,
gastronomia santiago
Novas xeracións filloeiras
A Baña, a terra onde hai máis filloas da pedra e mulleres por habitante, e a nosa asociación contan dende hai poucos días cunha nova filloeira: Aldara. A cativa, que sabe o que é unha boa filloa dende antes de nacer, vémola na fotografía chiando por unha filloa máis para o xantar. A súa nai, a nosa compañeira filloeira e amiga Mónica, segue a darlle arrecendo filloeiro no biberón. Esperamos con ansiedade as fotos do seu bautizo filloeiro nese intre no que envolven ao rapaz nunha filloa.
Noraboa a Mónica e familia. Precisamos de máis filloeir@s para o reemplazo xeracional, así que ánimo e boa sorte a tódolos filloeir@s.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)