28 de febrero de 2008
¡Ya es prima-filloeira en El Corte Inglés!
Pois mañán venres, 29/02/2008, ás 20 horas faremos a presentación do noso libro das filloas no Hipercor de Santiago, El Corte Inglés para enterdernos. Tamén imos agasallar ós presentes cunhas filloas, deixaremos que os interesados fagan algunha para familiarizarzse e falaremos un pouco da filloa da pedra e a súa historia, da nosa próxima festa da filloa (é o 16 de marzo), de amoados e recheos, e do que vos queirades sempre que sexa do noso libro. Aquí quería ver eu currando ó "dream team" filloeiro que inventou Miguel Colineta e que podedes ver máis abaixo neste blog. ¡Estades invitados!
A próxima vez supoño que iremos coas filloas ó metro de Nueva York, a esa casa rural que vai abrir en Marte un galego, ¡eu que sei! Admítense e agradécense suxerencias.
.
26 de febrero de 2008
IV Certame de Cociña das Filloas da Pedra - Bases do certame 2008
O Concello de A Baña, como actividade enmarcada dentro da programación a realizar na V Festa da Filloa da Pedra, convoca o IV CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA, co patrocinio da Fundación Feiraco, e coas seguintes BASES:
1º.- Cada concursante poderá presentar un máximo de dous pratos ó certame, sendo o ingrediente base a filloa da pedra. Cada preparación culinaria deberá ir acompañada da correspondente receita indicando o nome da mesma, o/a autor/a ou autores/as, ingredientes, cantidades e método de elaboración.
A valoración que outorgue o xurado basearase no arrecendo, no sabor do prato, na presentación e na orixinalidade da combinación dos ingredientes.
2º.- Os participantes neste certame inscribiranse antes das 13 horas do domingo 16 de marzo de 2008 na Axencia de Desenvolvemento Local ou no teléfono 981 886 777. As bases deste certame pódense recoller na oficina da citada axencia en horario de 9 a 14 horas.
3º.- A inscrición será de balde, e no momento de facela asinaráselle a cada participante un número identificativo que figurará xunto ó prato dende o inicio do concurso, facilitando deste xeito o anonimato. Ó remate da valoración dos pratos por parte do xurado, cada participante poderá recolle-lo material utilizado.
4º.- Dende o momento da presentación dos pratos ó certame, os dereitos sobre as receitas presentadas e as fotos que se lles fagan ós pratos pasarán a ser propiedade do Concello de A Baña.
5º.- O prazo para a presentación dos pratos ó concurso rematará ás 13 horas do domingo 16 de marzo, e o lugar para presentalos será no Pavillón Municipal, no stand do Concello de A Baña.
6º.- Recórdaselle ós participantes que deberán seguir unhas normas mínimas de hixiene alimentaria durante todo o proceso de elaboración ou transporte dos alimentos.
7º.- O Xurado estará integrado por membros de recoñecido prestixio do eido gastronómico. Se a calidade dos pratos así o suxire, poderase declarar deserto o premio do Certame ou concede-los accésists que se coiden oportunos. O Xurado terá plenos poderes para decidir sobre calquera dúbida ou incidencia que xurda durante o Certame. As decisións do Xurado son inapelables.
8º.- Outorgaranse dous premios, ó mellor sabor e á mellor presentación, que consistirán nunha fin de semana no Balneario de Mondariz e un diploma acreditativo do premio. Así mesmo, haberá unha mención especial ó prato máis orixinal, elixido por votación popular entre o público presente, en horario de 13 a 14 horas, o gañador do cal recibirá como premio unha cea nun establecemento hostaleiro da comarca. A tódolos concursantes se lles fará entrega dun agasallo en agradecemento pola súa participación. Os premios entregaranse o día 16 de marzo, ás 17 horas, no transcurso da V Festa da Filloa (Pavillón Municipal).
9º.- A presentación ó Certame implica a aceptación destas bases.
Concello de A Baña, a 14 de febreiro de 2008.
vERSIÓn PDF aquí
.
Etiquetas:
A Baña,
filloa,
filloas da pedra,
gastronomia gallega
V FESTA DA FILLOA DA PEDRA DE A BAÑA. Celebrarémolo durante todo o 16 de marzo de 2008
¡Xa imos na V edición!, a oficial, porque algúns levamos case 40 anos facendo festa coas filloas da pedra na casa, e hai en Galicia quen leva máis de 60 anos facendo nelas. Logo poñeremos a foto do cartel da festa deste ano, que outra vez fixo o noso amigo Luis Cid, un filloeiro ourensán.
¿Onde está o concello coruñés de A Baña, como chegar alí?
Este ano hai novidades:
- Teremos carne á pedra
- Taller de filloeir@s como no Fórum de Santiago
- Taller de cociña na pedra
- Taller de filloas para rapaces
¡Estades invitados á V Festa das Filloas da Pedra de A Baña o 16 de marzo de 2008!
Etiquetas:
A Baña,
filloa,
filloas da pedra,
filloeiro,
gastronomia
O noso libro
O noso libro-fillo-amante-amigo-confidente gastronómico-a nosa arela como asociación ... Non foi sen tempo nin a destempo nin foi perde-lo tempo, e non pasou desapercibido para o xurado do Álvaro Cunqueiro 2008 cando lle concederon o premio á mellor publicación de cociña galega. A filloa da pedra é o máis tradicional da nosa lareira e no concello coruñés de A Baña seguimos coa tradición dos nosos devanceiros.
Aquí está o noso traballo impreso no papel para disfrutar de tódalas receitas presentadas ós catro certames de cociña organizados ata o de agora pola Asociación Filloas da Pedra de A Baña. Gracias ós 31 autores e a toda aquela xente que nos axudaron. Só puxemos 51 receitas, pero temos máis e desexamos que nos vindeiros certames a imaxinación dos afecionados á filloa da pedra non teña límites.
...
ISBN (13): 978-84-89323-17-9
ISBN (10):84-89323-17-8
Título: | 50 recetas con filloas : el dulce más emblemático de la gastronomía gallega |
---|---|
Edición: | 1ª ed., 1ª imp. |
Publicación: | Santiago de Compostela. Alvarellos Editora Técnica , 11/2007 |
Descripción: | 124 p. : il. ; 18x18 cm |
Precio: | 16 € |
Estamos facendo un seguimento das ventas deste libro. Agradecemos calquera comentario dos lectores informándonos onde o mercaron. Se alguén non o atopa nas librerías pode poñerse en contacto con nós ou mercalo na web da editorial.
.
Etiquetas:
cocina,
filloas,
gastronomia,
libro recetas,
receitas
Fórum gastronómico de Santiago 2008
Alí estivemos facendo filloas na pedra para quen quixera probalas e aprender a facelas. Temos que agradecerlle moitísimo:
_ós colaboradores galegos do fórum e ao fórum en si mesmo
_ós voluntarios da nosa asociación
_ós poñentes do fórum, que non por ser estrelas afamadas de lareira deixaron de amosar interés polas nosas humildes filloas
_á xente que con tanto agarimo se interesou polas nosas filloas e polo traballo da nosa asociación
_ós blogueiros enogastrónomos galegos que tan ben falaron de nós e do noso traballo, ¡e con toda a razón! ¿E logo non? Tomei nota dos que atopei na sección "Outras webs filloeiras" neste blog, pero se alguén sabe doutras, por favor, que mo faga saber.
Velaiquí algunhas fotos memorables dos xogadores da NFA (Nasional Filloeir@s Asosieixon):
¡As filloeiras de A Baña preparándose para o ataque: 0 récord está en 125 filloas/hora!
Carme Ruscalleda antes de tirar á canasta e conseguir os tres points. Ten un xogo de moneca coma se fose unha filloeira de A Baña.
Ferrán Adriá disfrutando das nosas filloas da pedra coa repetición dos tiros libres ... semellaba ter unhas Duracell postas.
Yamamoto precalentando a filloa antes de saír á cancha. ¡Domo arigato, filloeiro!
Marcelo Tejedor faille unha cinta a Mallón escapando cunha filloa. ¡Mallón, a velas vir e deixalas pasar!
Un afecionado cogumelófago. Pois as nosas filloas recheas de Boletus edulis, hummmmmmmmmmm
O filloeiro Mallón acosado polos integrantes dun equipo de filloeiros chapantes.

Benvidos ó blog da filloa
Blog para os filloeir@s da pedra que polo mundo andan. Aquí atoparán tódalas novas sobre a filloa da pedra de Galicia e de A Baña.
L.L. Liñares recollendo na Gala da Gastronomía 2008 en Lalín o testiño deseñado por Paco Lareo (outro filloeiro de Vila de Cruces).
Quen queira ver como se fan as nosas filloas na pedra da boa man da filloeira Dolores Landeira, aquí ten un vídeo xentileza do blog de turismodepontevedra
Máis fotos das nosas filloas e da festa:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)