Mostrando entradas con la etiqueta A Baña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Baña. Mostrar todas las entradas

15 de marzo de 2009

An de uiner is...

Non é Peeedroooo, non, o gañador é a filloa da pedra xunto cos veciños do concello de A Baña. A filloa da pedra, patrimonio cultural de Galicia, a receita máis tradicional da gastronomía galega, aséntase cada ano un pouco máis no recetario moderno e na dieta dos galegos, recuperando ese posto de honra que lle corresponde.

Gracias a todos pola vosa participación:
  • ós veciños
  • ós voluntarios que axudaron na festa
  • ós asistentes
  • ós patrocinadores
  • ós participantes ó certame de cociña da filloa
  • a quen se me esqueza agora e debera ser nomeado eiquí
  • e tamén a eses raquíticos mentais que lle poida molestar o noso traballo (chámalle exitazo), porque o seu cabreo, o seu xogo sucio, a súa envexa, é un alicerce máis da nosa motivación.

Tamén agradecemo-la presencia de Don Alberto Núñez Feijoo na nosa festa; vídeo AQUÍ. Parece ser que non puido resistirse ó encanto das nosas filloeiras e achegouse para papar unhas cuantas, filloas, por suposto, ¿e logo que pensabades? Esperemos que este xesto se convirta en costume e tódolos futuros presidentes da Xunta acorden facernos unha visita o día da festa da filloa, polo menos.

Señor Feixó: está vostede convidado ó próximo curso de filloas e de cociña da pedra que logo imos facer. Préstolle a miña pedra e déixolle escoller cacho de touciño para enlorda-la, e teña en conta que nunca lla prestei a ninguén porque é moi xeitosa. Se quere animar a algún colega a vir aínda temos prazas libres.


NOVOS ENLACES PARA FOTOGRAFÍAS E VÍDEOS
Mentres non renovámo-la web da asociación, este blog e algunha cousiña máis, podedes lembra-la festa nestes enlaces:
  • Vídeos da festa 2009 no You-Tube AQUI
  • Novo álbum de fotografías da festa deste ano AQUI 1 e máis AQUÍ 2
  • Quen queira deleita-los sentidos coa fermosa "curtametraxe filloeira" de anosaterraTV coas filloas e a cociña na pedra como protagonistas, ver video AQUÍ
  • A TVG colaborou moito con estas dúas reportaxes durante a festa: obradoiro filloeiro para nenos AQUÍ e festa da cociña á pedra AQUÍ
  • Fotografías doutras edicións e das nosas actividades AQUÍ
  • Aínda que están sen rematar de subir tódalas fotografías e vídeos (haberá máis fotos), os enlaces do curso de cociña de filloas AQUÍ 1 e máis AQUÍ 2
Neste blog tedes enlaces á dereita cara a outros vídeos e webs con fotografías da festa e doutras actividades que fai a nosa asociación, mirade á dereita deste blog eses enlaces; tamén noutras entradas vellas neste blog.

"ENLACES ENVIADOS POLOS LECTORES DESTE BLOG ACTUALIZADOS Ó 16/03/2009"
Se tedes material gráfico ou sonoro que queirades compartir con nós, pois avisades e quedaremos moi agradecidos.
  • 20/02/2009 - As filloas da pedra de A Baña e o Entroido; na TVG, AQUÍ
  • 19/02/2009 - O chef Mallón e as filloas da pedra; na TVG, AQUÍ
  • 27/11/2007 - Reportaxe do noso libro 50 recetas con filloas; na TVG AQUÍ
  • febreiro/2009 - Reportaxe das filloas da Pedra e de A Baña no programa De viaxe para o Canal Internacional da TVG, AQUÍ
  • Galería de fotografías da festa en O Correo Galego, AQUÍ
Se tivesemos que facer unha campaña de publicidade nunha canle de televisión, marketing filloeiro, escolleríamos este video clip coa compañeira María:

10 de marzo de 2009

Logo vimos, estamos filloando

OS DATOS:
  • 15.000 persoas pasaron pola festa
  • 600 l de amoado feitos durante a festa, a 8 filloas por litro (+ - 5%) = ...
  • 20 pedras facendo filloas en directo e máis de 100 pedras nas casas dos veciños que colaboraron
  • Centos de racións de orella de porco cocida e orella á pedra, empanadas varias, arepas estilo venezolano e chourizos ao viño
  • Arroutada filloeira (festa rachada) facendo e servindo filloas da pedra dende as 9 da mañán ata pasáda-las 10 da noite
  • I Festa da Cociña da Pedra consolidada e preparando a 2ª edición
  • 12 pratos presentados ao V Certame de Cociña da Pedra
  • 70 lalinensas peregrinaron á festa en 2 autobuses
  • ¡¡¡Ufffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffff!!!

ENLACES DE MOITO INTERÉS:


Abraiante documento gráfico filloeiro e da I Festa da Cociña da Pedra en ANT TV

Máis videos da VI Festa da Filloa da Pedra de A Baña AQUÍ

Vídeos e fotografías do Entroido 2009 en A Baña AQUÍ

A festa na TVG: obradoiro de cociña para rapaces

A I Festa da Cociña da Pedra na TVG co Mestre Filloeiro Mallón

Entrevista realizada a Mónica Tomé, secretaria da Asociación, e mái-lo Mestre illoeiro José Manuel Mallón sobre a VI Festa da Filloa de A Baña. O noso agradecemento a "Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM

26 de febrero de 2008

IV Certame de Cociña das Filloas da Pedra - Bases do certame 2008



O Concello de A Baña, como actividade enmarcada dentro da programación a realizar na V Festa da Filloa da Pedra, convoca o IV CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA, co patrocinio da Fundación Feiraco, e coas seguintes BASES:

1º.- Cada concursante poderá presentar un máximo de dous pratos ó certame, sendo o ingrediente base a filloa da pedra. Cada preparación culinaria deberá ir acompañada da correspondente receita indicando o nome da mesma, o/a autor/a ou autores/as, ingredientes, cantidades e método de elaboración.
A valoración que outorgue o xurado basearase no arrecendo, no sabor do prato, na presentación e na orixinalidade da combinación dos ingredientes.

2º.- Os participantes neste certame inscribiranse antes das 13 horas do domingo 16 de marzo de 2008 na Axencia de Desenvolvemento Local ou no teléfono 981 886 777. As bases deste certame pódense recoller na oficina da citada axencia en horario de 9 a 14 horas.

3º.- A inscrición será de balde, e no momento de facela asinaráselle a cada participante un número identificativo que figurará xunto ó prato dende o inicio do concurso, facilitando deste xeito o anonimato. Ó remate da valoración dos pratos por parte do xurado, cada participante poderá recolle-lo material utilizado.

4º.- Dende o momento da presentación dos pratos ó certame, os dereitos sobre as receitas presentadas e as fotos que se lles fagan ós pratos pasarán a ser propiedade do Concello de A Baña.

5º.- O prazo para a presentación dos pratos ó concurso rematará ás 13 horas do domingo 16 de marzo, e o lugar para presentalos será no Pavillón Municipal, no stand do Concello de A Baña.

6º.- Recórdaselle ós participantes que deberán seguir unhas normas mínimas de hixiene alimentaria durante todo o proceso de elaboración ou transporte dos alimentos.

7º.- O Xurado estará integrado por membros de recoñecido prestixio do eido gastronómico. Se a calidade dos pratos así o suxire, poderase declarar deserto o premio do Certame ou concede-los accésists que se coiden oportunos. O Xurado terá plenos poderes para decidir sobre calquera dúbida ou incidencia que xurda durante o Certame. As decisións do Xurado son inapelables.

8º.- Outorgaranse dous premios, ó mellor sabor e á mellor presentación, que consistirán nunha fin de semana no Balneario de Mondariz e un diploma acreditativo do premio. Así mesmo, haberá unha mención especial ó prato máis orixinal, elixido por votación popular entre o público presente, en horario de 13 a 14 horas, o gañador do cal recibirá como premio unha cea nun establecemento hostaleiro da comarca. A tódolos concursantes se lles fará entrega dun agasallo en agradecemento pola súa participación. Os premios entregaranse o día 16 de marzo, ás 17 horas, no transcurso da V Festa da Filloa (Pavillón Municipal).

9º.- A presentación ó Certame implica a aceptación destas bases.

Concello de A Baña, a 14 de febreiro de 2008.

vERSIÓn PDF aquí
.

V FESTA DA FILLOA DA PEDRA DE A BAÑA. Celebrarémolo durante todo o 16 de marzo de 2008


¡Xa imos na V edición!, a oficial, porque algúns levamos case 40 anos facendo festa coas filloas da pedra na casa, e hai en Galicia quen leva máis de 60 anos facendo nelas. Logo poñeremos a foto do cartel da festa deste ano, que outra vez fixo o noso amigo Luis Cid, un filloeiro ourensán.

¿Onde está o concello coruñés de A Baña, como chegar alí?

Este ano hai novidades:

- Teremos carne á pedra
- Taller de filloeir@s como no Fórum de Santiago
- Taller de cociña na pedra
- Taller de filloas para rapaces


¡Estades invitados á V Festa das Filloas da Pedra de A Baña o 16 de marzo de 2008!

Fórum gastronómico de Santiago 2008

Alí estivemos facendo filloas na pedra para quen quixera probalas e aprender a facelas. Temos que agradecerlle moitísimo:

_ós colaboradores galegos do fórum e ao fórum en si mesmo
_ós voluntarios da nosa asociación
_ós poñentes do fórum, que non por ser estrelas afamadas de lareira deixaron de amosar interés polas nosas humildes filloas
_á xente que con tanto agarimo se interesou polas nosas filloas e polo traballo da nosa asociación
_ós blogueiros enogastrónomos galegos que tan ben falaron de nós e do noso traballo, ¡e con toda a razón! ¿E logo non? Tomei nota dos que atopei na sección "Outras webs filloeiras" neste blog, pero se alguén sabe doutras, por favor, que mo faga saber.

Velaiquí algunhas fotos memorables dos xogadores da NFA (Nasional Filloeir@s Asosieixon):

¡As filloeiras de A Baña preparándose para o ataque: 0 récord está en 125 filloas/hora!

Carme Ruscalleda antes de tirar á canasta e conseguir os tres points. Ten un xogo de moneca coma se fose unha filloeira de A Baña.

Ferrán Adriá disfrutando das nosas filloas da pedra coa repetición dos tiros libres ... semellaba ter unhas Duracell postas.

Yamamoto precalentando a filloa antes de saír á cancha. ¡Domo arigato, filloeiro!

Marcelo Tejedor faille unha cinta a Mallón escapando cunha filloa. ¡Mallón, a velas vir e deixalas pasar!

Un afecionado cogumelófago. Pois as nosas filloas recheas de Boletus edulis, hummmmmmmmmmm

O filloeiro Mallón acosado polos integrantes dun equipo de filloeiros chapantes.