1 de marzo de 2008

Lamprea e requeixo: novos recheos para filloas


Hoxe descubrín tres novas receitas con filloas, unha con lamprea do Ulla, outra con lamprea afumada de Arbo e outra con requeixo e azucre. Do requeixo doume a idea o artigo de colineta, é doado de facer e sabe moi ben.

O da lamprea hai tempo que o tiña "in mentis bandulleira" e por fin me decidín a facelo. A lamprea do Ulla cociñeina guisada con viño branco da Ulla (o viño catalán) según receita familiar moi vella co sangue e as ovas. A lamprea do Miño viña afumada e fíxena na pedra. Non sei o que comen no ceo os anxos, pero estas receitas cun albariño achéganselle moito. Espero que os dous amigos, tamén bos cociñeiros, que compartiron conmigo estas receitas se animen a presentalas no próximo certame de cociña das filloas da pedra o día 16 na Baña.

A lamprea guisada dise que está feita á bordalesa ou bordelesa. Penso que é un erro comunmente aceptado porque cando en cociña falamos de bordalesa ou bordelesa referímonos, etimoloxicamente, a un prebe así chamado feito con viño tinto, mantequilla, cebola pochada, cenorias, caldo, osos de vaca, coñac e outros compoñentes que deixamos reducir nunha cocción lenta, unha especie de prebe semiglaseado que é a base da salsa española ou demi glaçe, que din os franceses. A confusión pode vir polo aspecto tan semellante.

2 comentarios:

Pilar dijo...

Como me alegro de que os animaráis a crear vuestro propio blog!!
He estado visitando el Forum para asistir al I encuentro de Blogger y tuve la oportunidad de visitar vuestro stand. Charlé un ratito con vosotros y me lo pasé realmente bien. En ése momento llegó Carme Ruscalleda y tuvimos que posponer la charla.
De todas formas, deciros que yo tambien tengo un blog de cocina :
LA COCINA DE LECHUZA
Me gustaría que lo visitáseis pues tengo varias recetas hechas con filloas.
Un saludo y bienvenidos

filloeiro dijo...

Pilar, agradecidos por tu compa�a. Ya puse un enlace a tu blog desde el nuestro. Te esperamos en la Festa da Filloas da Pedra el pr�ximo 16 de marzo y te animamos a presentar alguna de tus recetas al IV Certamen de coci�a das filloas da pedra. Te anticipo que en esta edici�n vamos a poner en pr�ctica un "mini f�rum" con talleres de filloas da pedra para adultos y ni�os, y un taller de coci�a � pedra (chulet�n, cebolas, cachelos, ovos, cogumelos, ... todo na pedra).