Gracias a todos pola vosa participación:
- ós veciños
- ós voluntarios que axudaron na festa
- ós asistentes
- ós patrocinadores
- ós participantes ó certame de cociña da filloa
- a quen se me esqueza agora e debera ser nomeado eiquí
- e tamén a eses raquíticos mentais que lle poida molestar o noso traballo (chámalle exitazo), porque o seu cabreo, o seu xogo sucio, a súa envexa, é un alicerce máis da nosa motivación.
Tamén agradecemo-la presencia de Don Alberto Núñez Feijoo na nosa festa; vídeo AQUÍ. Parece ser que non puido resistirse ó encanto das nosas filloeiras e achegouse para papar unhas cuantas, filloas, por suposto, ¿e logo que pensabades? Esperemos que este xesto se convirta en costume e tódolos futuros presidentes da Xunta acorden facernos unha visita o día da festa da filloa, polo menos.
Señor Feixó: está vostede convidado ó próximo curso de filloas e de cociña da pedra que logo imos facer. Préstolle a miña pedra e déixolle escoller cacho de touciño para enlorda-la, e teña en conta que nunca lla prestei a ninguén porque é moi xeitosa. Se quere animar a algún colega a vir aínda temos prazas libres.
NOVOS ENLACES PARA FOTOGRAFÍAS E VÍDEOS
Mentres non renovámo-la web da asociación, este blog e algunha cousiña máis, podedes lembra-la festa nestes enlaces:
- Vídeos da festa 2009 no You-Tube AQUI
- Novo álbum de fotografías da festa deste ano AQUI 1 e máis AQUÍ 2
- Quen queira deleita-los sentidos coa fermosa "curtametraxe filloeira" de anosaterraTV coas filloas e a cociña na pedra como protagonistas, ver video AQUÍ
- A TVG colaborou moito con estas dúas reportaxes durante a festa: obradoiro filloeiro para nenos AQUÍ e festa da cociña á pedra AQUÍ
- Fotografías doutras edicións e das nosas actividades AQUÍ
- Aínda que están sen rematar de subir tódalas fotografías e vídeos (haberá máis fotos), os enlaces do curso de cociña de filloas AQUÍ 1 e máis AQUÍ 2
"ENLACES ENVIADOS POLOS LECTORES DESTE BLOG ACTUALIZADOS Ó 16/03/2009"
Se tedes material gráfico ou sonoro que queirades compartir con nós, pois avisades e quedaremos moi agradecidos.
- 20/02/2009 - As filloas da pedra de A Baña e o Entroido; na TVG, AQUÍ
- 19/02/2009 - O chef Mallón e as filloas da pedra; na TVG, AQUÍ
- 27/11/2007 - Reportaxe do noso libro 50 recetas con filloas; na TVG AQUÍ
- febreiro/2009 - Reportaxe das filloas da Pedra e de A Baña no programa De viaxe para o Canal Internacional da TVG, AQUÍ
- Galería de fotografías da festa en O Correo Galego, AQUÍ