Blog para os filloeir@s da pedra que polo mundo andan. Aquí atoparán tódalas novas sobre a filloa da pedra de Galicia e de A Baña.
L.L. Liñares recollendo na Gala da Gastronomía 2008 en Lalín o testiño deseñado por Paco Lareo (outro filloeiro de Vila de Cruces).
Quen queira ver como se fan as nosas filloas na pedra da boa man da filloeira Dolores Landeira, aquí ten un vídeo xentileza do blog de turismodepontevedra
Máis fotos das nosas filloas e da festa:
26 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Noraboa polo blog. Espero que teñades moitas visitas: no blog e para a festa de Marzo. Moitas grazas tamén polo enlace.
Unha aperta.
Turismo de Pontevedra.
¿Contamos cos filloeiros de Pontevedra para esta festa? ¿Tamén metedes o dedo na filloa da pedra pola vosa zona o só na sopa? Un saúdo, e tede coidado co Urco que é un larpeiro comendo filloas e lapando na sopa.
Benvidos. Tiven a sorte de coñecervos na entrega de premios de Lalín e de poder saudarvos no Forum pero, sobre todo, tiven a sorte de probar esas filloas.
Saúdos desde Bertamiráns!.
Gracias gourmet, tes que facerte cun par de pedras, unha para as filloas e outra para facer os chuletóns de Moraña (con R), o polbo de Bueu ou o bonito de Burela. Nós enseñamos a face-las filloas e máis a cociñar na pedra. Unha aperta.
Publicar un comentario