28 de febrero de 2008

¡Ya es prima-filloeira en El Corte Inglés!

O laconburguer, unha das mellores receitas do libro


Pois mañán venres, 29/02/2008, ás 20 horas faremos a presentación do noso libro das filloas no Hipercor de Santiago, El Corte Inglés para enterdernos. Tamén imos agasallar ós presentes cunhas filloas, deixaremos que os interesados fagan algunha para familiarizarzse e falaremos un pouco da filloa da pedra e a súa historia, da nosa próxima festa da filloa (é o 16 de marzo), de amoados e recheos, e do que vos queirades sempre que sexa do noso libro. Aquí quería ver eu currando ó "dream team" filloeiro que inventou Miguel Colineta e que podedes ver máis abaixo neste blog. ¡Estades invitados!


¿Apetece unha filloa rechea de xelado con froitas?


A próxima vez supoño que iremos coas filloas ó metro de Nueva York, a esa casa rural que vai abrir en Marte un galego, ¡eu que sei! Admítense e agradécense suxerencias.
.

No hay comentarios: