A cociña da pedra en Galicia, cunha orixen celta confirmada, é unha técnica de lareira que os nosos devanceiros veñen transmitíndonos dende hai séculos. Esta primeira edición únicamente consistirá nun curso-degustación no que os asistentes aprenderán a cociñar na pedra algúns dos pratos máis tradicionais que veñen cociñando moitos galegos e veciños do Val de Barcala dende hai moitas xeracións.
O menú a degustar no curso por 25 €:
- Espeto de polbo e langostinos na pedra con vinagreta de perexel e patacas cachelo. Vídeos de polbo á pedra
- Lomo de robaliza na pedra con verduras salteadas e ensalada de leituga
- Presa de porco celta con patacas de mantequilla e pementos do piquillo, todo feito na pedra con salsa agridoce de mazán.
- Filloas recheas de tarta de queixo ó forno con caramelo
Por mor da falta de espacio, só podemos ofrecer nesta primeira edición da Festa da Cociña da Pedra un curso para 40 asistentes, polo que recoméndase reservar praza para o curso-degustación e confirmar a asistencia a esta actividade.
Información e inscrición:
Axencia de Desenvolvemento Local de A Baña - 981 886 777
filloas.pedra@yahoo.es
Axencia de Desenvolvemento Local de A Baña - 981 886 777
filloas.pedra@yahoo.es
Enlaces con fotografías e vídeos relacionados:
- Vídeos de cociña na pedra 1: polbo e porco celta
- Vídeos de cociña na pedra 2: terneira galega
- Galería de fotos de cociña na pedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario