Se a filloa é sinónimo de cociña galega, o mojito é o cóctel cubano máis famoso no mundo. Podo decir por experiencia, só unha vez, que un mojito con polbo á feira e cunha filloa da pedra fai boa combinación, a min pareceumo.
Estivo con nós na presentación de onte Henrique Alvarellos, o noso editor, recén chegado da feira do libro galego na Habana, que non A Baña. O evento axudou a espallar o libro das filloas por Sudamérica ao presentarllo ós distribuidores daqueles países. Aparte das compras deses distribuidores, comentou Alvarellos que uns residentes na Habana compraron 4 exemplares do libro das filloas. ¿Filloas con mojito a ritmo de guaracha, compraría un exemplar o cociñeiro de Fidel ou o da Bodeguita del Medio? ¡Asúuuucar!
1 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario