1 de marzo de 2008

Filloas da pedra no Corte Inglés de Santiago


Onte foi a presentación do libro das filloas e máis a degustación filloeira no Hipercor de Santiago. O xefe de cociña e o director do Hipercor estiveron moi amables e sinceramente interesados polo producto. ¿Para cando as filloas da pedra de A Baña na carta dos restaurantes do Corte Inglés e nas estanterías dos seus supermercados? Pronto, pronto, ¡logo veñen!

Cada vez hai máis xente interesada polas filloas da pedra e pola cociña da pedra. Dos 30 asistentes á presentación, dous preguntaron como facerse cunha pedra "cocida" (lista para traballar) e un xa tiña unha pedra na casa dando moi boas filloas.

As filloas que fixo a nosa compañeira Carmiña alí en directo foron das mellores que comín en anos. Tamén levamos filloas recheas de mousse de queixo e marmelo feitas por Mallón, o cociñeiro do restaqurante D´antaño en Ames, ¡fabulosas!

No hay comentarios: