Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, celebrará a súa novena edición entre os días 5 e 9 de marzo no recinto de Expourense, na cidade das Burgas. A Asociación Filloas da Pedra de A Baña vai a estar alí en representación de seu concello para facer filloas con trigo do país sementado en A Baña, ovos de galiña de Mos, touciño de Porco Celta e para o almoado temos uns potes donados pola Fundación Terra Termarum que son réplicas da cerámica castrexa atopada no castro de Castrolandín en Cuntis, Pontevedra. Máis enxebre e galego imposible.
Xa estivemos o ano pasado e agradecémoslle á Fundación Amigos de Galicia que no menú do seu restaurante ofreceu a posibilidade de probar as nosas filloas da pedra.
Filloas da pedra feitas no momento, libro de receitas para mercalo (quedan poucos exemplares da 1ª edición), degustación desta larpeirada tradicional galega con diferentes recheos, a nosa Asociación ensinando a facelas e cociñalas, todo nun stand. ¿Que máis se pode pedir?
4 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario