26 de febrero de 2008

Fórum gastronómico de Santiago 2008

Alí estivemos facendo filloas na pedra para quen quixera probalas e aprender a facelas. Temos que agradecerlle moitísimo:

_ós colaboradores galegos do fórum e ao fórum en si mesmo
_ós voluntarios da nosa asociación
_ós poñentes do fórum, que non por ser estrelas afamadas de lareira deixaron de amosar interés polas nosas humildes filloas
_á xente que con tanto agarimo se interesou polas nosas filloas e polo traballo da nosa asociación
_ós blogueiros enogastrónomos galegos que tan ben falaron de nós e do noso traballo, ¡e con toda a razón! ¿E logo non? Tomei nota dos que atopei na sección "Outras webs filloeiras" neste blog, pero se alguén sabe doutras, por favor, que mo faga saber.

Velaiquí algunhas fotos memorables dos xogadores da NFA (Nasional Filloeir@s Asosieixon):

¡As filloeiras de A Baña preparándose para o ataque: 0 récord está en 125 filloas/hora!

Carme Ruscalleda antes de tirar á canasta e conseguir os tres points. Ten un xogo de moneca coma se fose unha filloeira de A Baña.

Ferrán Adriá disfrutando das nosas filloas da pedra coa repetición dos tiros libres ... semellaba ter unhas Duracell postas.

Yamamoto precalentando a filloa antes de saír á cancha. ¡Domo arigato, filloeiro!

Marcelo Tejedor faille unha cinta a Mallón escapando cunha filloa. ¡Mallón, a velas vir e deixalas pasar!

Un afecionado cogumelófago. Pois as nosas filloas recheas de Boletus edulis, hummmmmmmmmmm

O filloeiro Mallón acosado polos integrantes dun equipo de filloeiros chapantes.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

E eu que andiven todos os días polo Forum e nin tiven un minuto para parar onda vos...

Noraboa polo voso éxito.

filloeiro dijo...

Gracias moraiminha, podes aproveitar na Festa da Filloa da Pedra de A Baña o día 16 de marzo porque imos ter un pequeno curso/demostración de como facelas, recheos, e máissssss